Este volume reúne todas as creacións poéticas en galego dunha das figuras do Rexurdimento. Unha obra caracterizada polo compromiso social nalgunhas pezas, o anticlericalismo noutras, e sempre cun profundo civismo e coherencia ideolóxica. Aires da miña terra, O divino sainete e poemas aparecidos espallados en diferentes publicacións periódicas forman este libro editado por Carlos Casares.