Resultados de la búsqueda para: Matemáticas 1 ESO





MATEMÁTICAS 1.º ESO (GONZÁLEZ, L. / GONZÁLEZ, C. / MARTÍNEZ, R. M. / OCAÑA, A.)
Os alumnos que comezan este curso pasan de Primaria a Secundaria. Esta etapa da súa vida escolar é un novo encontro coas Matemáticas. As Matemáticas non son só operacións, senón a aprendizaxe de ideas e conceptos para conseguir destrezas e procedementos e adquirir actitudes. É unha viaxe, na que a partir de actividades, se van aprendendo novos conceptos e afianzando os que xa se coñecen. Este libro consta dunha gran cantidade de exercicios e actividades para que o alumno poida recrearse na súa resolución, sen perder o rigor matemático. É unha ferramenta de traballo para o profesor que o axuda a formar parte do proceso de aprendizaxe do alumno de forma fácil e natural.