Pois veredes, isto era unha moza que, á falta de traballo, botouse a andar en busca de fortuna. No medio dunha leira atopouse con Brazodegorila. A moza díxolle: Queres vir comigo? Son libre –respondeu el–. Nin obedezo xefes nin sirvo señores. Repartirémolo todo a partes iguais –dixo ela. Con esta proposta, a moza recruta a outros tres personaxes máis. Cada un deles cunha habilidade física especial que utilizarán no beneficio do grupo e dos habitantes dunha vila sometida á tiranía dun rei.