Resultados de la búsqueda para: Celso Emilio Ferreiro





CELSO EMILIO FERREIRO, O SOÑO SULAGADO
Finalista do II Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil convocado por Baía Edicións (2006)A partir de 12 anos.Na Vionta, unha pequena illa esquecida no linde do horizonte vive Tonecho, mozo que rexenta unha taberna visitada por xentes que andan á procura dun abeiro.Todo muda o día en que o vello Nomar regresa a súa Ítaca e rescata a buguina agochada o día da partida. A estraña aparición dunha rapaza núa no areal, enchoupada de mar, fará que as historias caladas agromen de novo. Os sons da buguina murmuran unha antiga lenda que se torna realidade.

CELSO EMILIO FERREIRO PARA NENOS (FERREIRO, CELSO EMILIO)
Conjuga en su obra la denuncia, el inconformismo y el compromiso social con una sensibilidad nada común, que le lleva a crear una poesía amorosa de gran valor estético y en defensa de Galicia. (Textos originales gallegos).

CONVERSAS CON CELSO EMILIO FERREIRO (NICOLÁS, RAMÓN)
A través de Conversas con Celso Emilio Ferreiro mergullámonos na significativa personalidade dun dos grandes escritores da literatura galega. Da man de Ramón Nicolás, biógrafo e editor da súa obra literaria, rescátase a voz e a palabra do autor celanovés, cando se cumpren trinta anos do seu pasamento, para dar conta da súa opinión política e literaria e para introducirnos no " universo Celso Emilio " , que en boa medida goza de plena actualidade e validez. Ramón Nicolás compilou e ordenou, temática e fragmentariamente, as máis das entrevistas que se lle realizaron a Celso Emilio en medios escritos durante a súa vida e, como nun xogo de espellos, recupera o seu criterio e a súa presenza. A súa propia obra literaria, a política, a militancia, as polémicas que protagonizou, a súa perspectiva sobre o ámbito da cultura, a súa opinión sobre cuestións como a lingua galega ou a nación latexan ao longo destas páxinas apaixonantes.

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELSO EMILIO FERREIRO (NICOLÁS, RAMÓN)
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro é unha biografía monumental, un libro que realiza un percorrido vital pola traxectoria persoal e literaria dun autor de referencia da literatura galega e que ve a luz cando se celebra o centenario do seu nacemento e os cincuenta anos da publicación de Longa noite de pedra. Esta biografía escrita por Ramón Nicolás, que viña transitando polos ecos e as pegadas do universo Celso Emilio Ferreiro desde hai anos, benefíciase da consulta de milleiros de documentos escritos e testemuños orais, dándolle forma a un relato no que se percibe o alento de moitas das persoas que o coñeceron. Ademais, a biografía integra o máis salientable dun epistolario riquísimo, polo que non se detén unicamente na esculca da faceta persoal de Celso Emilio, senón que establece un diálogo da parte máis íntima da súa vida coa fecunda actividade literaria, cultural e política que o caracterizou. O asedio á personalidade e mais ao herdo que Celso Emilio Ferreiro deixou, desde os días luminosos da infancia celanovesa ata os derradeiros momentos da súa vida en Vigo, constitúen o alicerce e sentido final desta voluminosa biografía, concibida, en palabras do seu autor, «coa vontade de sumar para que ese lume que alampea xamais o vexamos morto».

OBRA NARRATIVA DE CELSO EMILIO FERREIRO (FERREIRO, CELSO EMILIO)
Obra narrativa contén os dous únicos libros de ficción en prosa que publicou Celso Emilio Ferreiro, agora reunidos nun único volume: A ftonteira infinda (1972) e A taberna do galo (1978). Ambos os dous permiten coñecer moito máis a fondo o grande autor que foi Celso Emilio, defensor dos homes e da humanidade, fustrigador sempre da inxustiza en calquera das súas caras. Este é tamén o espírito que caracteriza as súas obras en prosa. A ftonteira infinda (1972) é un libro de relatos tremendamente orixinais, de anécdota americana; e as divertidas páxinas de A taberna do galo (1978) compúxoas o autor con fragmentos tirados dun libro que nunca rematou. Obra narrativa, en edición de Mónica Góñez, ofrécelles aos lectores a prosa dun dos escritores máis intensos e deslumbrantes da literatura galega.