Resultados de la búsqueda para: Celso Emilio Ferreiro





ANTOLOXÍA (FERREIRO, CELSO EMILIO)
Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) é unha das voces máis poderosas, eficaces e emocionantes da nosa poesía contemporánea. Os seus libros acadaron grande sona dentro e fora de Galicia, crónica apaixoada dun tempo difícil e, sen embargo, cheo de esperanza. O soño sulagado (1954), Longa noite de pedra (1962), Viaxe ao país dos ananos (1968) ou Onde o mundo se chama Celanova (1975) son fitos fundamentais na lírica do noso tempo, referencias obrigadas na memoria de toda unha xeración. A presente Antoloxía (poesía e prosa) ofrece unha visión asequible, ordenada e plural dun dos máis grandes autores das letras galegas.

A FRONTEIRA INFINDA (FERREIRO, CELSO EMILIO)
Publicados por primeira vez en 1972 estes dez rea1tos son unha brillantísima aportación á narrativa do noso tempo. O Ce1so Emilio poeta vó1vese narrador, domina a prosa, controla o ritmo e a estructura de cada unha destas historias, pero non perde o engado e a maxia da metáfora, a imaxe, a suxerencia ben dosificada. Estes dez contos son dez pequenas mostras do mellor oficio de narrar.A fronteira infinda e a Taberna do galo son as dúas únicas mostras que Ce1so Emilio Ferreiro deixou de narrativa en ga1ego. Cunha prosa potente, rica, cargada de expresividade, o autor evoca mundos e situacións moi diferentes daque1es que tradicionalmente abordaba a literatura ga1ega do seu momento. A xustiza, a furia, a violencia, a irraciona1idade da época que vivimos, a utopía da 1iberdade individual e colectiva agurgu11an con forza nestas fermosas páxinas.

O SOÑO SULAGADO (FERREIRO, CELSO EMILIO)
O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova. A chamada da infancia, do lar materno; a procura do paraíso perdido (simbolizado nas árbores, na terra, no azul dos horizontes) conxúgase cos degaros de liberdade, coa ansia por transformar un presente esquivo e hostil. Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957) é membro destacado da máis recente xeración da poesía galega. A súa análise está feita desde o rigor e desde o traballo serio e continuado, pero tamén desde o diálogo entre poetas: imprescindible para dar coas verdadeiras dimensións da sensibilidade.

POESÍA GALEGA COMPLETA (FERREIRO, CELSO EMILIO)
Poesía galega completa reúne toda a obra poética en galego de Celso Emilio Ferreiro, reproducida dun xeito fiel nesta coidadosa edición a cargo do crítico Ramón Nicolás, desde os primeiros versos de Cartafol de poesía ata o seu derradeiro e póstumo Libro dos Homenaxes, pasando por poemarios clásicos da nosa literatura que reafirman os logros estéticos de Celso Emilio: O soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao País dos Ananos ou Onde o mundo se chama Celanova. Esta edición enriquécese cun importante número de composicións inéditas que converten este volume nunha proposta actual para redescubrir a un poeta singular e irrepetible.

VIAXE AO PAÍS DOS ANANOS (FERREIRO, CELSO EMILIO)
" Viaxe ao País dos Ananos " de Celso Emilio Ferreiro foi recibido no seu día con polémica polo duro ataque que representaba para certo sector da emigración. Estes versos seguen hoxe plenamente vixentes pola súa denuncia da desigualdade social e o seu rexeitamento do racismo, amais de polas súas reveladoras reflexións de tipo existencial e a súa lírica de xorne evocador e intimista. A presente edición de Armando Requeixo, con prólogo de Xesús Alonso Montero, incorpora un capítulo biográfico que constitúe unha das máis amplas achegas publicadas ata o de agora neste eido. De por parte, analízanse tamén as complexas circunstancias epocais e literarias nas que a obra viu luz e as principais liñas que a caracterizan e fan dela un clásico moderno.