Un conto no que, con palabras do común, vaise degrañando unha historia: a dunha mociña estigmatizada desde nena pola única razón de ser diferente aos outros nenos da súa idade. É a historia de Rosiña, a Flol da Celdeila, unha chinesa incapaz de pronunciar o ?ele?. Retrátanse, con humor retranqueiro e sentida tenrura, aspectos relacionados coa exclusión, coa marxinación, coa intolerancia e co acoso, co poder abusivo e co desarraigamento, que lle van dando forma a unha narración entrefebrada doutras tantas historias e aventuras.