O autor desta historia rescata a antiga lenda de Guillerme Tell, un heroe cuxa vida servirá de exemplo para que o protagonista do relato adquira os valores éticos esenciais para enfrontarse á vida adulta. O protagonista desta historia, un neno de nove anos, pasa as vacacións do verán cos seus avós en Altdorf que, segundo a lenda, é a cidade de Guillerme Tell. O avó do rapaz relátalle a historia deste heroe e esta narración ramifícase en moitas historias secundarias que profundan no acervo cultural da xente do campo e que, á súa vez, nun dispendio de imaxinación, lle dan cor ao libro.