O día do seu cumpreanos, Anna recibe como agasallo un vello anel cun rubí. A partir de aí -como a Casandra do mito grego- a rapaza comeza a ter soños premonitorios. Unha noite é transportada desde a súa idílica cabana na montaña norueguesa ata o mundo desolado e agonizante no que vive a súa bisneta Nova, en 2082: o mar incrementara moitos metros o seu nivel e o planeta perdera a maior parte da súa riqueza, o deserto avanzara por todos os continentes, destruíranse numerosos ecosistemas e miles de especies de plantas e animais extinguíranse ou estaban en vías de desaparición. Ao espertar dese pesadelo, Anna e o seu amigo Jonas, xunto co doutor Benjamin, tentarán advertir a humanidade do perigo para evitar a catástrofe natural: o abuso do petróleo, a emisión descontrolada de CO2 á atmosfera, a deforestación das superficies arboradas… son moitas as ameazas reais e pouco o tempo para invertir a tendencia destrutiva que aboque a un escenario tan apocalíptico. O antigo anel que lle entregaran polo seu aniversario resultará ter máis importancia do que parecía.