ELADIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (Galicia, Comunidad Autónoma de)
SANTIAGO DE COMPOSTELA IRREPETIBLE (Galicia, Comunidad Autónoma de)
DOUTRINA E RITUAL DA MOI NOBRE ORDE GALEGA DO SANTO GRAAL (Galicia, Comunidad Autónoma de)
HISTORIA DA EMIGRACIÓN PONTEVEDRESA EN BUENOS AIRES (Galicia, Comunidad Autónoma de)
MTN 50. HOJA 224, PONTEAREAS (Galicia, Comunidad Autónoma de)
A MEMORIA DE VILAGARCÍA (Galicia, Comunidad Autónoma de)
O presente volume, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle máis dun centenar de documentos gráficos, maiormente postais editadas no período de 1900 e 1936 , ademais de fotografías, mapas e marcas filatélicas, sobre a cidade de Vilagarcía. A partir de 1900 e ata aos tempos da IIª República dispoñemos de moi numerosas testemuñas gráficas que utilizan o novo soporte de comunicación gráfica daqueles tempos: a postal de correo. As temáticas presentan unha ampla recompilación do patrimonio monumental e das efemérides da vida urbana, principalmente nas categorías da vida comercial (mercados e transportes e pesca pola ría) e do vigoroso turismo do momento centrado no Balneario e nas praias. O presente volume demostra que a Vilagarcía daqueles tempos tiña un lugar preponderante nas grandes series de postais editadas en Madrid ou Barcelona; o gran esforzo de producción que neste eido fixeron fotógrafos e editores locais; así como tamén a importancia da cidade que se reflectía nas postais editadas por empresas de París, Irún ou Berlín. A orixe de todas estas pezas amosa a importancia do porto de Vilagarcía a principios do século XX, tanto para os barcos de pasaxe (inicio do turismo de cruceiro) ou de emigrantes, así como a calidade de porto refuxio da ría de Arousa para as flotas de guerra (en particular da armada Inglesa). Iníciase o volume coa reproducción do Plano da Ría de Arousa, realizado por Domingo Fontán en 1828, e coa reproducción dun gravado do palacio de Vista Alegre de 1879. Continúa cun texto literario, Vilagarcía, eterna lembranza, onde o escritor vilagarcián Manuel Seixas, evoca a súa Vilagarcía antiga e sempre eterna na memoria, para dar paso ao discurso gráfico. Dende as primeiras vistas xerais dende a ría ou dende Vista Alegre, o libro propón unha visita pola Vilagarcía tradicional: a casa do Concello e os xardíns de Ravella, a Alameda, a Porta do Sol
son espacios que se recuperan para a memoria no presente volume.

son espacios que se recuperan para a memoria no presente volume.TORRES VARAS E DEMOS (Galicia, Comunidad Autónoma de)
GUÍA DE VIAJAR, CAMINO DE SANTIAGO (Galicia, Comunidad Autónoma de)
MAPA DE GALICIA, E 1:250.000 (Galicia, Comunidad Autónoma de)
ALLARIZ (Galicia, Comunidad Autónoma de)
DEL DESPOTISMO ILUSTRADO AL LIBERALISMO TRIUNFANTE (Galicia, Comunidad Autónoma de)
HISTORIA DA VIDA COTIÁ EN GALICIA (SÉCULOS XIX E XX) (Galicia, Comunidad Autónoma de)
Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (séculos XIX e XX) plantéxase como unha obra de investigación histórica, que emprega fontes inéditas combinándoas coa bibliografía dispoñible, escrita nunha linguaxe asequible e non academicista, e polo profuso emprego que se fai nela de textos literarios, etnográficos e testemuños orais, que contribúen a darlle amenidade ó tempo que axudan a recrear a o imaxinario colectivo e a atmósfera social na que se desenvolveu a esistencia de varias xeracións de galegos de a pé. Existen varias historias de Galicia na época contemporánea, pero ningunha dos galegos, das xentes de diferente condición social; dos que comían ben e durmían en colchóns de la, e os que levaban unha existencia precaria téndose que deitar amoreados en xergóns de follato: os homes, mulleres e nenos, labregos, fidalgos e habitantes das cidades que protagonizaron a historia deste país. Considérase o amor e a familia, a alimentación, a vivenda, a indumentaria, a hixiene, o traballo e máis o lecer, e asemade o mundo da escola.