XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA
BIEITO ROMERO. (A Coruña 3.10.1964). Músico. Técnico especialista en instalacións e liñas eléctricas, non chegou a exercer coma tal practicamente xa que a súa paixón é a música, á que se adica dende unha idade temperá. Pertenceu a diversas formacións de prestixio coma o grupo de danza e música tradicionais Xacarandaina da Coruña, ou mesmamente o Ballet galego Rei de Viana. Fundador do grupo folk Luar Na Lubre no ano 1986, percorreu toda Galicia, España e máis de 25 países acadando grandes recoñecementos, premios e importantes experiencias vitais. Con Luar na Lubre levou a cabo centos de concertos, gravou once traballos discográficos, unha longametraxe documental e participou coma compositor e músico con outros grupos e solistas que van dende Mike Oldfield a Mago de Oz. Colaborador de diferentes emisoras de radio dende os anos noventa, actualmente compaxina o seu traballo na música coa dirección do programa Un mundo de músicas, en RadioVoz. O seu interese pola simboloxía comezou na década de 1980, xunto con outros traballos referidos ás cubertas vexetais, hórreos, camposantos galegos, música, etc., nunha recompilación de día a día que no caso dos símbolos tradúcese nun arquivo de máis de 1.000 imaxes procedentes de distintos lugares de Galicia e tamén de diferentes países polos que ten viaxado. A idea de facer este libro parte da importancia de amosar a riqueza simbólica descoñecida e proxectada ata hoxe dende tempo inmemorial, de evidenciar o deterioro que ano tras ano sofre este importante legado patrimonial galego esmorecente (algúns dos símbolos recollidos neste traballo non existen na actualidade), e a posible preservación dos que aínda sobreviven e que están nun ameazante perigo, polo que ésta é unha chamada de atención á sensibilidade desde unha perspectiva humilde e de compromiso.A PEREGRINAXE E O CAMIÑO A SANTIAGO DE HERMANNUS KÜNING DE VACH
Hermannus Künig ofrécenos, máis aló dun relato de viaxes, unha guía de peregrinos publicada en 1495 que pretende proporcionar consello e axuda a todos os que teñan a vontade de facer o Camiño. A peregrinaxe e o camiño de Santiago, de Hermann Künig, tivo unha singular repercusión en Alemaña, como acreditan as numerosas edicións que se fixeron das súas follas. Ofrécese aquí o texto e versión da primeira edición, de 1495, con anotacións e comentarios dos profesores K. Herbers e R. Plötz.VALORACIÓN SOCIO-SANITARIA DE LA POBLACIÓN MAYOR DE 65 AÑOS DEL MUNICIPIO DE ABEGONDO (A CORUÑA)
Este libro presenta un análisis de la situación socio-sanitaria del colectivo de mayores de un ayuntamiento rural de la provincia de A Coruña. A partir de un trabajo de campo y del posterior tratamiento estadístico de los datos relativos a las patologías y a otras variables de carácter social, se configura un cuadro objetivo de las dificiencias que experimenta la calidad de vida de este colectivoHISTORIA DE GALICIA, BACHILLERATO
ÓXIDO NAS FLORES DA TARDE (MANIFESTOS)
MTN 25. HOJA 10-III, RIBADEO
MTN 25. HOJA 67-II, MUXÍA
ESCOLMA DO DIAS DAS LETRAS GALEGAS
- Nota introductoria. - Rosalía de Castro. - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. - Eduardo Pondal.





