Sobre o convento da praza das Bárbaras da Coruña voa sempre un mascato, unha ave que habita os cantís da costa mariña pero nunca terra a dentro, polo que resulta estraño para os camiñantes ver o paxaro. Como e por que chegou a habitar nos tellados do convento é o argumento central da novela. O lector introducirase nun mundo simbólico, de deuses caídos, mariñeiros, aves mariñas vagabundos... onde a forza do amor terá que liberar unha dura batalla contra a forza da fatalidade.