Nunha das súas viaxes no tempo, o intrépido Hércules ten ocasión de coñecer á escritora Ana María Matute e ao seu boneco Gorogó ¿Non vos parece abraiante que Gorogó, o vello boneco desta apaixonada pola fantasía, cobre vida? Da man deste cómplice, Hércules dá un paseo pola vida dunha defensora de tres cousas con reputación de pouco importantes: a literatura infantil, os contos e mais a felicidade. Unha aventura para achegarse a unha creadora indispensable.