Malia ser unha das cuestións que mereceron máis atención dos medios de comunicación galegos nos últimos anos, a problemática do voto dos emigrantes non é abondo coñecida. Este áxil ensaio xornalístico analiza a súa evolución histórica e realiza unha comparación co resto de países que permiten o sufraxio desde o estranxeiro. Fai unha radiografía das múltiples modalidades de fraude que permite o actual procedemento de votación e estúdanse as posibles solucións. O autor denuncia a continuidade na Galicia exterior da máis vella política caciquil da Restauración ao tempo que traza un retrato dos galegos na Latinoamérica de hoxe.