PULSAR EN LA IMAGEN PARA OBTENER MÁS INFORMACIÓN SOBRE EL LIBRO
No recordo do que non ten memoria baixo forma de amor ningunha pénsote e pérdome no perfume da flor de cera e de papel. Bebo o teu orballo e son as que fuches e por quen agardo e non sei quen es nin desde cando. (Schubert) Con este libro o autor emprende, e convídanos a facer con el, unha viaxe arredor da música, unha arte fráxil mais tamén poderosísima. Unha arte, asemade, indócil á representación. Velaí, por tanto, a obriga de convocar alusións: os instrumentos (sen esquecer o primeiro deles, a voz humana), as obras que teceron e tecen a banda sonora da humanidade (ese ronsel de loairas), mesmo as biografías dos grandes compositores (un elenco ao servizo do milagre).