Nun reino afastado do mundo, o rei pídelle axuda ao mago da corte porque non pode durmir. Trifón ofrécelle un amorodo encantado, pero por un descoido, Marizul, a sobriña do mago, come a froita máxica destinada a curar o insomnio do monarca e cae nun profundo sono… Territorios fantásticos, pero poboados de imaxes e obxectos cotiáns que trazan unha ambigua fronteira entre realidade e fantasía. As ilustracións están cheas de referencias a pintores como Alberto Durero, Francisco Goya, George Grosz, Edgard Hopper, Pedro Bruegel o vello,