Poesía de poetas individuales

CONTRA MAQUIEIRO (MÉNDEZ FERRÍN, X. L.)

En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para levar a cabo unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso. Desde 14th Street á Pena de Anamán, pasando revista aos acontecementos dun século que entronizou a Maquieiro, o poemario estrutúrase en catro partes longas e fermosas:

A LOITA CONTINÚA (RODRÍGUEZ FER, CLAUDIO)

" A loita continúa " é un compendio de actos de fala do poeta Claudio Rodríguez Fer sobre dores, amores e clamores en memoria das cicatrices históricas, na procura de rastros de vida e poesía e en solidariedade co humanismo no que a loita continúa. Trátase dunha poesía integral sobre a vida a través da autenticidade, do coñecemento e da radicalidade. Como apéndice inclúese o esperpento histórico e escénico do Gran Tirano que creamos, que padecemos e que mesmo levamos dentro.

PROFECÍA DO MAR (GRAÑA, BERNARDINO)

Nacido en Cangas, en 1932, Bernardino Graña aparece vinculado na súa carreira literaria ao colectivo e máis á editorial Brais Pinto, de singular relevo no proceso de renovación literaria, plástica e mesmo ideolóxica que se leva a cabo no noso país a partir de mediados dos anos cincuenta. Membro, pois, desa Xeración, pois, desa Xeración do 57, Bernardino Graña inicia a súa andaina coa publicación, en 1959, de Poema do home que quixo vivir, título ao que seguirán outros moitos que confirman ao noso poeta como unha figura especialmente destacada dentro do panorama da literatura galega contemporánea. Escritos entre 1959 e 1963, os poemas incluídos en Profecía do mar constitúen, sen dúbida, un dos momentos esenciais do devir poético de Graña, destacando na perfecta adecuación que se produce entre o fondo temático e máis a súa expresión lingüistico-literaria. Poesía de concepción totalitaria, as escollas léxicas, as imaxes e efectos rítmicos do texto que hoxe presentamos conflúen nun áxil dinamismo expresivo que sempre ha de emocionar ao lector máis esixente.

FÍRGOAS (ACUÑA, MANUEL LUÍS)

O poeta Manuel Luís Acuña (1900-1975), un dos nosos escritores da xeración de vangarda máis inxustamente esquecido, foi autor dun único poemario que agora se presenta nesta edición actualizada que procura resituar a obra de Acuña no panorama poético de preguerra, rescatándoa do silencio a que foi sometida, para poñela á altura doutras voces máis coñecidas como Manuel Antonio, Armado Carballo, Álvaro Cunqueiro ou Bouza Brey. A súa poesía, que constitúe por dereito propio parte do máis salientable da actividade lírica da xeración á que pertenceu, caracterízase principalmente por un esencialismo conceptual de marcado ton vangardista e posúe méritos suficientes para que poida converterse nunha auténtica revelación para o lector de hoxe en día que non coñeza a súa producción.

LA LUZ QUE ME FALTABA (BENITO DE LUCAS, JOAQUÍN)

Antología poética (1995-2016). Es una exquisita selección de poemas de los diez últimos libros publicados por el autor que incluye como colofón tres inéditos. Una poesía intimista que mantiene vivos los sueños como forma de conocimiento y preocupación por el ser humano; que nos trae la memoria de las terribles circunstancias históricas y sociales que vivió en su infancia con esa mirada ingenua y amorosa de los niños.

L’INVENTARI CLEMENT DE GANDIA (ANDRÉS ESTELLÉS, VICENT)

Vicent Andrés Estellés va guanyar el premi Ausiàs March de poesia l'any 1966. El 1971, se'n va publicar el llibre guardonat: L'inventari clement. I quaranta anys més tard hem descobert, gràcies a l'Arxiu Històric de la Ciutat de Gandia, que el llibre publicat no fou en realitat el que Estellés havia presentat al premi.