Poesía de poetas individuales

¿NO SON COPOS DE NIEVE? (GUERRERO, PABLO)

¿No son copos de nieve?, segundo poemario que Pablo Guerrero publica en Maia Ediciones, entrelaza varios poemas en uno, como un canto polifónico que parte del interior de un viaje por Egipto y va discurriendo por el filo armónico de los opuestos: delicadeza y fuerza, noche y día, vacío y lleno, sol y nieve, desierto y río.

UN CABALLERETE DE BEAR CREEK (HOWARD, ROBERT ERVIN)

magínate por un momento, si tienes suficiente estómago, dos bandos enzarzados en una reyerta fenomenal: una gigantesca melé de mostrencos descerebrados haciéndose puré con ejes de carro, estufas de hierro, mangos de hacha y, en su defecto, a brazo partido; colócate además en la tesitura de introducirte en semejante carnicería y machacar bien, sin mirar a quién, y tendrás una idea bastante aproximada de los que aguarda, una página sí y otra también, en la novela que tienes entre manos.

DERRADEIRA ESCOLMA FERIDA . DE ONTE, DE HOXE, DE MAÑÁN (LUEIRO REY, MANUEL)

Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón a derradeira achega poética do prolífico e comprometido narrador e xornalista Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916 - 0 Grove, 1990). Con ela péchase o ciclo, que comezara coa Escolma ferida (1977) e que continuou, ademais doutros libros poéticos, con Nova escolma ferida (1988). Este poemario inédito e póstumo, que o autor deixou disposto para a súa publicación, nesta ocasión en edición de Ramón Nicolás e con limiar de Xesús Alonso Montero, é tamén unha revisión actualizada da súa obra anterior, un achegamento á rotundidade e ao lirismo da súa voz, unha ocasión para revisitarmos a polifonía e sinceridade dun autor cuxa obra o tempo non eslúe nin desgasta.

SUBVERSIÓNS (ALONSO, FRAN)

Subversións. Contra o sometemento. Contra a poesía. Contra o poder. Contra as estructuras da lingua. Contra o conformismo. Subversión: poética da liberación. A fin do milenio, a insubmisión, a solidariedade, a lingua, o conflito bélico ou as marxes da noite desfilan polos longos poemas de «Subversións». A subversión como estigma de vida e como xeito de concibir o acto creativo. A subversión é un aturuxo mestizo, profundo e dolorido que sae das entrañas do autor, ateigadas de terra, e sitúanos nunha órbita planetaria desde a que Galicia se ve no Mundo a vista de paxaro. «Subversións», o libro de poemas de Fran Alonso, supón unha entrega coa que o autor, unha das voces máis destacadas da década dos 90, dá un paso adiante na súa identificable arquitectura poética. «Subversións», ademais, recompila neste mesmo volume toda a obra poética de Fran Alonso anterior a 2001 excepto «Cidades».

DESMENTINDO A PRIMAVERA (ALEIXANDRE, MARILAR)

Desmentindo a primavera pode lerse como a memoria dunha casa, de tantas casas de Galicia, onde o lume estivo prendido ininterrompidamente desde mediados do século XV ata finais do XX, en que os libros turran polos fillos para fóra da casa e do lugariño. A memoria da casa mestúrase coa do seu último habitante, coa das abellas, cronistas de mortes e nacementos, do bambú que conspira para derribar os muros, do sal que teima en reber unha e outra vez nas paredes do salgadoiro. Consómese o derradeiro rachón no lume e, crebando a tradición, alguén varre as cinzas da cociña. Os espíritos dos devanceiros, aventados coa cinza, unirán os seus reproches aos das mazás caídas na herba.