Poesía de poetas individuales

POESÍA MARCIAL VALLADARES (VALLADARES, MARCIAL)

A faceta de poeta de Marcial Valladares (Vilancosta, A Estrada 1821-1903) aparece na historia da literatura galega frecuentemente escurecida pola súa outra actividade literaria como narrador. Non obstante, debemos ter presente que o autor de " Maxina ou a filla espúrea " (escrita en 1870 e publicada en 1880) compuxo arredor de medio cento de composicións poéticas que, aínda que de desigual calidade, presentan como mérito o feito de seren precursoras no uso do galego nos primeiros tempos do rexurdimento literario. Sen dúbida, as súas primeiras composicións poéticas, de 1844, 1845 e 1846, a súa primeira manifestación literaria reflectida en poemas como " A un paxariño " ,xunto ás pezas de Alberto Camino, sitúan ao escritor da Estrada como un dos fundadores da nosa Renacencia literaria. A presente edición da obra poética en galego de Marcial Valladares, preparada por Xosé A. Fernández Salgado, profesor da Universidade de Vigo e especialista na obra de Marcial Valladares, sobre quen preparou a súa tese de doutoramento, recolle medio cento de composicións escritas por Valladares ao longo de case medio século, dende 1844 a 1891. Ofrécese, pois, por vez primeira, un volume que compila as súas poesías dispersas por xornais e publicacións da época, e algunha outra inédita. Precursor, como Francisco Añón ou Alberto Camino, os primeiros poemas de Valladares traslocen os sentimentos e sensibilidades das vivencias persoais, e son debedoras das formas e temáticas románticas propias da altura do século. Non obstante estes versos comparten presencia cos de asuntos costumistas, que se tinguen ás veces de leves críticas sociais, e con outros tipicamente populares en formas e motivos.

NON SON DE AQUÍ (CEBREIRO, MARÍA DO)

Escribir poesía como se non houbese poesía. Falar como se todo o mundo tivese ese dereito. Un libro este de María do Cebreiro que non quere fundar nada. Un movemento que nega o movemento. A distancia pode ser anterior ao sentido de pertenza. O desapego pode ser a condición do amor.

DOS TEMPOS SOMBRIZOS (SALGADO, DANIEL)

Dos tempos sombrizos é un libro de poemas sobre o medo. Sobre un medo ás veces concreto e ás veces difuso. Sobre un medo histórico. Dos tempos sombrizos está escrito nunha lingua desprezada. Nunha lingua acosada. Nunha lingua de vencidos. É testemuño dunha derrota inmensa. Estes poemas queren, ao cabo, construír un refuxio contra a barbarie. Contra o cinismo como ética xeral da época.

EL BOSC (GUARDANS CAMBÓ, JORDI)

La llegenda escrita als arbres mil·lenaris d'un bosc que palpita amb el transcendent i el prodigi. Inclou 55 pomes dividits en dues parts. "Hi trobareu endecasíl·labs lligats entre ells amb rimes internes i externes, a més a més, en tots els casos amb els accents (síl·labes tòniques) perfectament mil·límetrats, també pel que fa als mots de rimes internes. Aquest esforç mètric en els versos, de poesia, precisament l'he volgut així per poder fer l'experiment poètic de posar-los en horitzontal, la qual cosa no té res a veure amb el que es considera "prosa poètica", que és tota una altra cosa". (Jordi Guardans)

FÁBULAS EN VERSO ORIGINALES . (ARENAL, CONCEPCIÓN)

Los personajes que viven, hablan e intervienen en estas fábula son predominantemente seres humanos (...) y es importante subrayar, porque puede servir para aclarar aspectos de la personalidad humana y literaria de Concepción Arenal, que en las fábulas humanas -no del mundo animal- los personajes son mayoritariamente masculinos: Concepción Arenal parece sentirse más cómoda con el mundo masculino y con interlocutores que sean hombres, no mujeres.)